A.C. Brisas do Quenllo

Blogue da Asociación Cultural Brisas do Quenllo

a esperada, a inighualable…Romaría Galega da Pontraga!

Xa están en marcha os preparativos para a gran festaza da comunidade pontraghense, será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha miagha de folclore do noso, escoitar contos, música.. e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer….

Este ano facémola o dia 17 de agosto e este é o programa:

Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo

Sesión Vermú cos Pelexos de Montaos

Xantar Popular

XIV Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos…

Asociación Folclórica Santiaguiños de Boimorto

Grupo Churia da A.C. Castro-Meda de Zas

Brisas do Quenllo da Pontraga-Tordoia

Xogos populares da mao da Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela

RodariRodari (contos do tranvía) de Fantoches Baj

e á noitiña a  millor música con: O Ghusto do Boi, Bouba, Zanfonistas da Pontraga, Cuadrilla do Pan Quente…

nós xa imos estar ali!! esperámosvos!

*Para máis info neste correo: brisasdoquenllo@gmail.com

About

View all posts by