A.C. Brisas do Quenllo

Blogue da Asociación Cultural Brisas do Quenllo

Ruada de Cabaleiros, festa sin ighual oigha!

Un ano máis xúntase a xente beiladora e tocadora da redonda de Tordoia para pasar unha noite ben adevertida, xa saberedes que máis festeir@s e rumbantes non @s hai!!

A organización corre da man da Asociación Cultural Brisas do Quenllo da Pontraga pero, tal como o palleiro non se fai sen palla, a festa non se fai sen xente festeira. Vente!

Queremos contar con todas e todos vós para facer, entre tod@s, unha festa do melloriño. Vide bailar, cantar, tocar, beberlle un algo ou parmar un pouco.

O 13 de abril (a partir das 21:30) é o dia grande da festa na Pontepedra, no corazón de Tordoia, esperámoste na Sala Calviño, ao abrigo e con ganas de ruar.

About

View all posts by