A.C. Brisas do Quenllo

Blogue da Asociación Cultural Brisas do Quenllo

Archives

MAGOSTO EN COUSO

O 7 de novembro estará Bouba gastando ferreña no Magosto de Couso, xunto con moita outra xente que tamén participará na ruada…. tamén haberá cogumelos, castañas asadas e viño novo… [ non se pode pedir máis] Festa asegurada!!!

Bouba no Espazo Activo da Ulla

Os vindeiros días 23, 24 e 25 de outubro terá lugar en San Miguel de Sarandón – Vedra o Espazo Activo da Ulla,  un programa de actividades alternativas para mozos e mozas e aberto ao público en xeral. Ademais o domingo 25 actuarán Bouba Pandereteiras na Foliada!!

Continúa a liga de Billarda e temos fotos novas!!

Este domingo no parque de Belvís terá lugar o segundo aberto de billarda da Confederación Centro, alí taremos coma cravos os equipos da Pontragha!! Botádelle un ollo ó apartado Galería >>  X Romaría Galega na Pontraga porque hai fotos novas! Xa imos adiantando que o domingo 25 de outubro Bouba Pandereteiras estarán no Espazo Activo… Read More